m1valladaresmajina006.html
N'unha
lombiña, rodeada de pinales, freguesía de Samame de Rivadulla,
á duas leguas e media de Santiago, preto d'os palacios
d'Ortigueira e Guimarans, hai un lugar a caida d'un castro
celtico que lle dá nome. O lugar en sí val pouco; pró
convertido case todo en casiñas blancas de figaldos,
comerciantes santiagueses que foron alí mercando, parece
hoj'unha pequeniña vila qu'anque sin señores n'o inverno,
enchese d'eles n'o vrau de señoras e señoritas, gala estonces
d'as feiras e romarias d'os contornos, como Gundian, os Dolores e
outras mais. A dereita d'este lugar, vindo de Santiago, n'o fondo
d'unha carballeira e beiriña d'ela hai tamen duas casas; unha
grande, j'antigua, con capilla, palomar e bo granjío; outra, non
tan grande, nova ainda, sin palomar e sin capilla. Deijando a
segunda e falando solo d'a primeira, diremos que Tenencia, d'o
cabildo compostelano en tempos qu'este tiña varias n'o país,
poseron-a e disfrutaron canónegos diferentes hast'o señor
Gorostede, vítima sangrenta de políticas opinions durant'a
última civil guerra de sucesion. Anduvo logo por moitas mans,
flojas non poucas d'elas, mercenarias, seiqu'ainda
d'arrendatarios, ben ou mal coidada, segun cadrou, e en mil
oitocentos cincuenta e tantos veu por fin á compra-l-a outro
señor canónego, único qu'a posé ahora, fijo e fai n'ela
diariamente milloras considerables. Esta casa, pois, chamada
ind'hoj'a Tenencia d'a Costa entr'os labradores, esta quinta de
recreo foi a qu'en mil oitocentos cincuenta proporcionou
Sancti-Petri a sua muller, a en qu'ela, Otilia e Adria pasaron
alguns dias n'o outono d'aquel ano, com'indicado queda.
Vejámo-l-o qu'ali facian. Mentras Otilia se repuña d'o seu
lance, pr'Otilio eran todo-l-os istantes, todo-l-os coidados á
fin de que se repuxera pronto e ben: o portal d'a quinta á
ninguen s'abria apenas, as vidreiras estaban todas cerradas, de
modo que non parecia houbese gente n'aquela pousa. Cand'Otilia
empezou á erguerse, dou paseiños dentro d'a casa; logo po-l-a
horta en compañía de sua nai e d'a donjela esparjendo ali o
ánimo, tendendo a vista o longo d'o pintoresco paisaje e
sentandose tamen o pe d'algun laranjo ou limoeiro; dempois po-l-a
granja e bosque e hasta po-l-a carballeira d'a capilla, tanto
qu'o cabo de doce dias pudo ja unha tarde ir á pe co-a misma nai
e Adria á casa de Caitan e Inés, siquera non fose mais que pra
demostrar á esta sincero agradecemento o ver n'ela unha caridá
nada comun e sentimentos nobles en alto grado. Ali, pois,
entraban como de visita cando Salvio saía pra a Tenencia. Mais
deijémo-l-o que chegue o portal, que pete, e digamos mentras o
que n'a casa d'Inés estonces se pasou.
Acabado-l-os saúdos e cumplidos
entr'as señoras e a muller d'o carpinteiro cambeados, arrubiron
todas o sobrado, qu'aquelas ben conocian; ocupou cada unha seu
tabolete e contou Inés moi por miudo o qu'a criada referira o
qu'en Santiago fijera pra saca-l-a nena d'a incrusa e hast'o que
n'o hospital ll'ofreceran. Oido esto último tomou a de
Sancti-Petri pra sí, e comprendendo qu'era forza deijar ja a
neta á aquela muller e qu'en ningunha outra parte estaria millor
qu'ali o oujeto de saber d'ela e mais que se propuña, tomou a
palabra e dijo á Inés:
Cuenta V. con que el hospital la
dé al mes veinte reales durante la lactancia de la niña.
¿Quiere V., y no me diga que no, quiere V., amiga mia, aceptar
otros veinte reales que al mes tambien yo le ofrezco hasta que la
niña esté en disposicion de ganar por sí?
Resisteu Inés esta proposta canto
pudo, nada queria acetar; decia que po-l-o pronto o d'o hospital
ll'abondaba, e pra dempois que Dios, qu'era pai, ja proveria.
Mai-l-a de Sancti-Petri, Otilia e Adria insistiron e acetou por
fin prometendo qu'o seu tempo iria a nena a escola, deprenderia
oficio siquera fose o de custureira, que n'este caso ela misma
ll'enseñaria n'a sua casa, e a condicion tamen de que solo por
man de Fara recibiria de tres en tres meses o duro que se
ll'ofrecia. Seguidamente trougo Inés a nena pra que a viran,
colleu-na a abo n'o colo, bicaron-a alí todas devolveulla logo e
baijando unhas e outras d'o cuarto despedirons'as señoras e
marcharon deijando á Inés co-a nena en brazos n'a porta d'a
cociña.
Salvio chegou e petou, n'afeuto, o
portal d'a quinta; Fara saeu á abrirlle, e como as señoras
n'estaban, qu'estaban en casa d'Inés segun acabamos de ver,
díjolle que marcharan de paseo, mais qu'inoraba á onde.
Dáball'o corpo á Salvio qu'elas alí estarian, tiña n'o seu
poder o cinturon e a sortella consabidos, oira as lavandeiras que
c'unha cesta n'a cabeza entrara Fara ali un dia, e ganoso
d'achegar datos que o convencesen d'a verdá ou non verdá d'o
que contr'Otilia resultaba, botou dereito alá, non pra
sorprende-l-as en casa de sua comadre, sí pra dend'algun punto
atisba-l-as e facerse logo o encontradizo; pró á poucos pasos
encarou co-elas que volvian a Tenencia; sobrecolleunas o pronto,
e Otilia, á quen mais conviña disimular, dando tempo á qu'as
outras se serenasen, esclamou:
¡Salvio! ¿Por aquí V.?
Supe por casualidad que estaban
aquí ustedes dijo o de Rebordan con aire cas'indiferente y he
venido á visitarlas, pues sentiria se retirasen sin haberlas
siquiera saludado.
Gracias contestou Otilia
clavando unha mirada á Salvio, e añadindo a nai con intención:
Hizo V. muy bien en venir hoy,
pues dentro de un par de dias nos retiramos.
¿Tan pronto, señora! repuxo
Salvio, mirando á Otilia.
Sí, amigo mio. El invierno se
vá acercando, los frutos están ya casi recogidos, y el campo
¿qué distraccion nos ofrece ahora?
Para hijas de ciudad como
ustedes, ninguna; sin embargo...
Soy aficionada al campo, ya lo
sabe V.; pero un dia de invierno en él me sería insoportable,
francamente lo confieso.
Foron asi falando hast'o portal, e
entrados n'a casa todos, estuvo ali Salvio natural, espansivo con
nai e filla, cal de cote e brindandos'á acompaña-l-as á
Santiago, como n'afeuto as acompañou.